O que fan uns e o que fan outros

27 Febreiro, 2009 (11:16) | política, ser país | 1 comment

Outra na prensa de hoxe: Baltar chama maricón ao Conselleiro de Medio Ambiente e insinúa que Quintana é un maltratador. Outro exemplo demostrado de o que queren.

¿E por que están tan nervosos os persoeiros do PP para caer na descalificación e tan baixo? Porque grazas a este goberno temos unha rede de centros de atención de enfermos de Alzhéimer pioneira no Estado, porque cada vez máis maiores teñen menús no seu fogar, porque estase a apostar por outra política para o noso monte, o BNG foi o único partido capaz de defender ASTANO e porque cousas como o Banco de Terras están a funcionar.

Máis neste artigo que publiquei en A Ponte Vella.

Os homes e mulleres que decidirán o goberno en Galiza

18 Febreiro, 2009 (08:50) | política | 3 comments

Medo teño.

O Tuenti de Quin

10 Febreiro, 2009 (23:57) | política, redes sociais | 3 comments

UniversidadePontevedra.jpg

Tuenti, para quen non o coñeza, é unha rede social española que ten certa semellanza a outras como Facebook e está tendo bastante popularidade entre a xente xove.

E pois estamos nunha campaña electoral, caracterizada polo uso ou máis ben tentativa de uso que os políticos fan das redes sociais para achegarse case sempre aos máis mozos.

E nestas estamos cando hoxe 10 de Febreiro Quintana foi a falar a Pontevedra con mozos na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

No turno de preguntas e respostas apareceu Héctor Anllo que lle fixo a pregunta a Anxo Quintana de se ía ter perfil en Tuenti, pois Alberte Núñez Feijoo xa ten un, pois así chegaría ao electorado máis novo, tendo máis puntos (audio aquí).

Valorar, contrastar ou votar a un candidato político por se ten perfil en Tuenti ou non, a non ser que sexas o creador de Tuenti é certamente anecdótico.

É que esa pregunta é certamente unha parvada namentras cando non sexa o propio Quintana quen participe na conversa, e polo dagora non o fai.

Ao respecto ven un pouco tamén un gran artigo publicado fai non moito titulado Por qué seguiría sin ir a comer con Patxi López e ven dicindo un pouco o que digo eu: de que serve que o candidato se faga perfís en redes sociais se son mantidos por outros e non participa da conversa. Lean o artigo de Patxi López, que está ben interesante.

O que fan uns e o que fan outros

8 Febreiro, 2009 (23:20) | política |

captura 8.jpg

Visto en Vieiros. É que ás veces sobran as palabras.

Eu tamén protesto

8 Febreiro, 2009 (15:35) | empresas, política | 1 comment

Hoxe 8 de Febreiro, o Presidente e Editor de La Voz de Galicia, don Santiago Rey Fernández-Latorre, publicaba o artigo Eu protesto no seu xornal, maxino que nun intento de apoiar a causa de Galicia Bilingüe.

Eu, que adoito ler o seu xornal na web e en galego curiosamente é o primeiro artigo que vexo correctamente escrito, pois seu xornal adoita ser escrito en castelán e traducido cun traductor automático para os que queremos ler as súas novas en galego, atopando a miúdo cousas certamente rechamantes.

O señor Latorre di, entre outras cousas, o seguinte:

Pero eu, que fun multado precisamente por impulsar que se publicase en galego neste xornal, hoxe protesto.

Paréceme de alabar certamente súa actitude en certa etapa mais, ¿Ónde quedou? ¿Cal é a porcentaxe de novas en galego no seu xornal? Por favor, deixe de enaltecer o seu pasado galeguista e céntrese no seu presente no seu xornal.

Vivimos nunha etapa de xornais como o seu subvencionados por parte da Xunta de Galicia, á que vostede tanto critica. ¿Que sería do seu xornal sen a subvención que se lle da a prensa?

Pouco sei eu de xornais, mais opino como cidadán libre, que polo menos o caciquismo do que vostede fala aínda non chegaron aos blogues.

Vergoña

29 Xaneiro, 2009 (10:51) | política | 3 comments

El alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, animó ayer en Buenos Aires a los emigrantes “a que voten, aínda que non teñan os seus documentos actualizados, para demostrar que queren participar na vida política española”. “Todos os españois temos dereito a votar, con todas as garantías, pero que non nos quiten ese dereito con ningunha escusa”, afirmó el dirigente socialista en una rueda de prensa con los medios de comunicación argentinos.

(link: xornal de galicia)

Falo en Galicia Confidencial

26 Xaneiro, 2009 (11:41) | cousas miñas |

Fai non moito falaron comigo de Galicia Confidencial para comezar a colaborar aos poucos con eles mandando artigos, e froito desa colaboración xa tedes publicado o primeiro, agardo vos guste: 1M- As novas tecnoloxías entran en campaña.

Contra a crise, produtos galegos

23 Xaneiro, 2009 (19:09) | cousas miñas, empresas, ser país | 1 comment

Consíderome nacionalista nalgunhas cousas (como no meu voto, aínda que non sei se nacionalista de esquerdas, de dereitas, ou sequera existe nacionalismo de esquerdas ou dereitas)e pouco nacionalista noutras.

E estivo o corral revolto estos días en Madrid a raíz das declaracións de Miguel Sebastián, o ministro español de Industria, que pediu o consumo de productos españoles para evitar a destrucción de 120.000 empregos.

E eu estou plenamente dacordo con el, e non dagora. Nalgúns casos a diferenza de prezo pode botar atrás a máis de un, mais no básico (ovos, auga, leite, iogures e outros productos) eu sempre tento ter de primeira preferenza unha marca galega.

Por certo e falando de iogures galegos, tiña moitas esperanzas nos de Casa Grande de Xanceda como iogures ecolóxicos, mais seguirei por unha tempada cos de Larsa, mil veces máis cremosos, mellores… e tamén máis respetuosos coa nosa lingua.

Ao que vou. Fai un tempo falei cunha persoa que traballa nas oficinas dunha gran empresa de alimentación galega ao respecto de se Gadis e máis Froiz se fusionarían, o que crearía un gran grupo alimentario coa raíz no país, como por exemplo ten Eroski en Euskadi. A súa resposta foi que tiñan respeto e non tentaban competir fóra do país, mais que a fusión non, se cadra cando viñesen mal dadas… polo que cicais teñamos unha sorpresa se a crise comeza ir a peor, veremos que sucede nese senso.

Temos que saber vender os nosos produtos, como fan os franceses con ese márketing que só eles saben facer. O Licor Café Galego podería ser unha boa opción, especialmente que agora os nosos caldos comezan a ter verdadero prestixio mundial.

Namentras, Súarez Canal promete a tan ansiada creación do grupo lácteo galego para a vindeira lexislatura. E que eu o vexa. Ah, Manuel, eu tamén sinto envexa.

Xa se pode solicitar o voto por correo en España

23 Xaneiro, 2009 (18:09) | política |

Algúns, como no meu caso, estamos fora do país e votaremos o vindeiro 1 de Marzo por correo; no meu caso aínda non votei nunca na miña vida en furna, paradoxas de moitos galegos.

Porén, comentar que xa está dende fai días dispoñíbel en calqueira oficina de Correos de España a solicitude para poder votar. O que hai que facer é:

  • Ir a Correos e solicitar o impreso. Nolo darán xunto cun sobre e un impreso para envialo certificado
  • .

  • Enchemos o impreso e voltamos á oficina de Correos con el metido no sobre, que vai destinado á Delegación Provincial do Censo Electoral de onde sexamos, o noso DNI e o impreso de envío certificado cuberto (somentes poñer os nosos datos e o nome da Delegación da nosa provincia.
  • Agardamos uns días (convén gardar a copia do impreso que nos darán e do envío certificado) e chegará a onde dixeramos no impreso unha persoa de Correos co sobre coas papeletas e demais. Debemos estar presentes cando chegue e amosar o noso DNI.
  • Unha vez metida a papeleta no sobre se enviará noutro sobre que ven ao efecto.

E non ten moita máis ciencia, o único ter coidado de encher no impreso a dirección onde vivamos actualmente e non a de Galiza, e levar o DNI a Correos. Se chega o noso voto ou non, iso xa non o sei…

Ter ou non ter estilo

21 Xaneiro, 2009 (16:47) | política |

Sombreiro-NON.jpg

Hai unha delgada liña que separa o ter ou non ter estilo, o ser ou non elegante. E, ás veces, tentando ser moderno ou elegante no xeito de vestir, conseguimos xustamente o contrario.

Digo todo isto despois de ver este vídeo en Quin.tv. Na captura de arriba podemos ver en primeira fila a Teresa Táboas, conselleira de Vivenda e para o meu gusto unha das persoas con máis estilo do bipartito, e xustamente sentada detrás outra muller do BNG cun sombreiro marrón…

Por favor, sombreiro-boina-gorra en interiores non está moi ben visto. Se queremos ir de modernos e elegantes, aprendamos primeiro. Síntoo, pero é que estas cousas sácanme de quicio…