Carta aberta a Alberto Núñez Feijóo

9 Xullo, 2009 (21:05) | en galego, política, ser país, Web 2.0

(versión en castelán aquí)

Estimado presidente:

Escríbote esta pequena entrada tralo meu estupor ao ler que a nova Xunta de Galicia ameaza con desmantelar todo o proxecto de Mancomún, o repositorio e lugar oficioso do Software Libre en Galicia. No meu caso, xunto a outras dúas persoas creamos GalizaID, o primeiro servidor de OpenID galego que a día de hoxe segue empregándose bastante, o que é motivo de orgullo para nós.

O noso proxecto pese a todo, é dos máis pequenos existentes en Mancomún: existen sistemas operativos como Galinux e tamén traduccións ao galego de productos como Open Office e Firefox. Vostedes no seu programa electoral prometeron darlle un pulo ó software libre, polo que estránanme este tipo de novas, ¿son realmente certas?

Proxectos como Mancomún son os piares da innovación en Galicia, ofrecendo a xente xove coma nós, a posibilidade de librarnos de dores de cabeza (e de bolsillo) como o aloxamento dos nosos proxectos en internet.

De todólos xeitos, como vostedes déronlle tanta importancia na campaña electoral ao prezo dos coches e mailos gastos da Xunta, propóñolle unha solución: os 120.000 euros que a Xunta de Galicia gasta ao ano nun coche que Manuel Fraga usa en Madrid e que vostedes elexiron continuar pagando destíneo a este tipo de proxectos, de seguro que será máis rentable.

Sen máis, despídese de vostede un humilde cidadán, agardo que teña en conta os nosos pontos de vista no futuro.

Comentarios

Comment from An
Date: 13 Xullo 2009, 23:47

ache ser moi triste noticia de terse confirmado. Agardo que o Señor Feijo e os seus non cometan tal barrabasada, por que de certo non podería ter outro nome. Saúdos e apertas meu, agardemos tempos mellores

Comment from xm carreira
Date: 29 Xullo 2009, 21:07

Creo que somos moitos os que secundamos a iniciativa viral de Mancomún. Eu mesmo enviei a miña a carta á Voz (non creo que teñan fígado a publicala!!!),