A TVG retira o programa de SuperPiñeiro da grella

8 Xullo, 2009 (18:18) | política, ser país

Cecais moitos dos meus lectores lembren este vídeo, foi famoso fai uns meses e como ven, é unha intervención da señora Gloria Lago, portavoz da asociación Galicia Bilingüe no programa de SuperPiñeiro na TVG. Curiosamente, ese programa, xunto a series como Padre Casares foron as que auparon á TVG a unha subida de audiencia considerábel.

E hoxe en Chuza! atopo a seguinte nova: A TVG bota a Superpiñeiro da grella. En fin, unha máis pensarán moitos, desta nova anovación da TVG, ese back to the roots na canle, voltar a programar series como Magnum e non deixar á xente que conseguiu unha canle pública da que poder presumir fora do noso territorio.

En fin, non queda outra, obviamente o actual goberno de Núñez Feijoo foi democráticamente elexido polo pobo galego, non o esquezamos…e por tanto, temos o que merecemos. Porén, so queda seguir loitando, coas ideas e con verbas, para contrarrestar estas mentiras. O galego ben o merece.