Fanny + Alexander – Alfaias

7 Xuño, 2009 (10:44) | en galego, música


Hai unha serie de discos que penso marcan etapas novas na historia da música: os Beatles racharon tódolos límites co A Hard Day’s Night, U2 fixeron historia co The Joshua Tree, Xenreira marcaron unha nova etapa con aquel Erguete!!! e teño a sensación de que o novo de Fanny+Alexander vai marcar unha etapa.

De veras, eu noto un salto cualitativo brutal con respecto ao anterior álbum, e noto todo isto porque eu teño que recoñecer que non son ouvinte frecuente de música en galego (eu que sei, este mes p.ex estou escoitando moito o novo de Wilco, o de The Sunday Drivers e cousas así) e o novo de Fanny+Alexander xa leva unha tempada nos máis escoitados no meu reproductor.

Encántame o hit que é Setecentos, a colaboración de Florent (Los Planetas) en Tardes de Domingo, ou a miña favorita: Artefacto Burbur.

Falaba deste tema o outro día cun amigo: só queda que o novo disco de The Homens sexa outro petardazo e cecais aos poucos estemos confirmando esta nova corrente de música moderna en galego, rachando ese tópico de “en galego só se fai música combativa,ska e punk”.

Parabéns, de veras.

Comentarios

Comment from Tónio
Date: 7 Xuño 2009, 11:11

Alfaias mola moito, Setecentos é especialmente bela, levo setecentos, nanana…