Sobre a capitalidade de Pontevedra

7 Xuño, 2009 (10:33) | ser país

Moito vense comentando e falando, resurxindo vellas historias, o tema da capitalidade de Pontevedra, ao respecto da decisión de Núñez Feijoo de levar cousas da Xunta para Vigo.

Dende o punto de vista dun vigués destaco a entrada que escribiu Ghanito fai uns días e que respeto, el ten os seus argumentos e eu os meus.

Non teño moito que dicir sobre este tema, mais si destacaría un fragmento da entrevista que lle fan a Miguel Anxo Fernández Lores hoxe en El País:

Pregunta. ¿Por qué se ha puesto Pontevedra en pie de guerra con la designación de un quinto superdelegado en Vigo?

Respuesta. Es un agravio comparativo, es partir de que en Galicia ya no hay cuatro provincias sino cinco, y no tendría ningún problema en debatir esa cuestión porque no somos partidarios de la división provincial. Desde el punto de vista municipal, es una agresión sin precedentes, no tiene nada que ver con acercar la Administración al ciudadano. No tenemos inconveniente en que haya un subdelegado en Vigo pero si no se modifica el decreto, en la práctica, es dividir la provincia. Pontevedra es una ciudad orgullosa de sí misma, es la que más está creciendo en población en los últimos 10 años.

O dito, eu comparto en gran medida a opinión do meu alcalde. E eu agardo estar na manifestación do día 19 en Pontevedra. É a miña cidade.