Volve o PP a Galiza

2 Marzo, 2009 (20:01) | política

expresidentetourino

Hoxe é luns, luns 2 de marzo, e na Galiza temos novo presidente de Goberno, Alberte Núñez Feijoo, gañador das eleccións contra todo prognóstico.

A campaña electoral estivo tan centrada en botar lixo enriba do bipartito que sinceramente eu e creo media Galiza non sabe moi ben do programa electoral de Feijoo, aínda que xa comecei a ler algunhas cousas en Chuza! como que pretende derogar o plano eólico e potenciar o gas por Reganosa en Ferrol, ben imos.

Polo que me interesa, é dicir: o plano tecnolóxico, pois tendo en conta que as Consellerías do PSOE chegaron a acordos con Microsoft tampouco haberá moita diferenza. Haberá que ver o cambio coas Consellerías do BNG, que potenciaban e subvencionaban software ceibe, iniciativas como ManComún na que estaban integrados proxectos como GalizaID no que eu mesmo participo.

Así que agora mesmo a sensación é de sorpresa, ou ao menos de relativa sorpresa. Certos sectores do BNG como Encontro Irmandiño onde participa Xosé Manuel Beiras avisaron fai xa tempo que a cidadanía non estaba percibindo cambio, e eiquí temos as consecuencias.

Baixo meu punto de vista persoal e intransferible, deberían rodar unhas cantas cabezas. No PSOE xa se foi Touriño e tendo en conta o pouco sentido común de ese partido farán o peor: poñer a Pepiño Blanco de candidato en 2013. Respecto ao BNG penso que a tarefa de atopar un líder se finalmente Quintana dimite será máis difícil: hoxe xa ouvín nomes como Aymerich, Bieito Lobeira (a priori meu favorito) ou incluso Suárez Canal. Quedan cuatro años moi interesantes.

(a imaxe do artigo está collida de Apocalipse do Porco)

Comentarios

Comment from oreixa
Date: 3 Marzo 2009, 11:38

Home sorpresa, non. Creo que a cousa se veia vir, un goberno anodino presidido por un tecnócrata sen carisma…

A derrota do bipartito xestouse nas cidades, A Coruña e Vigo (onde gobernan a medias PSOE-BNG) foron onde o pau foi máis grande. Moitos deberían reflexionar do que están a facer e asumir que sen un programa claro conxunto de esquerdas no que se inclúa ao nacionalismo non é posible evitar a victoria do PP.

Agora teremos PP para rato. No fundo temos o que merecemos.

Comment from An
Date: 3 Marzo 2009, 15:17

interesasntes e moi perigoso para nosa lingua polo que eu penso.Saúdos

Comment from o ferreiro
Date: 6 Marzo 2009, 21:52

e tanto….a primeira medida que vai tomar é revisa-lo tema da língua e das galescolas.

¿e a crise?

un sáudo

Comment from Chispa
Date: 19 Marzo 2009, 21:45

O bipartito tivo erros, mais moitísimo menos dos que tivo o PP noutras lexislatura. Penso que debemos ter varias cousas:

1. Ben é certo que o BNG é de esquerdas, mais profundamente nacionalista (senon o fóra, grave erro).

2. Ten un eleitorado menos siareiro que o que ten o PP. Moi crítico ou mellor excesivamente crítico.

3. Foi, sen lugar a dúbidas o BNG o motor do cambio da Xunta e que aplicou tanto políticas nacionalistas (Parques eólicos) e de esquerdas (rede pública de escolas infantís ou galescolas, rede pública de centros de día, Banco de Terras, Normas do Habitat, Plan de vivendas para a construcción de vivendas protexidas, se cadra o mais ambicioso do estado español…)

4. As eleccións perdeuse basicamente porque o PSOE non fixo o seu traballo e como contrapeso puxo en dúbida as polìticas motoras do BNG, co que deu perante unha parte da cidadanía unha mala imaxe de goberno.

5. As campañas mediáticas en contra do bipartito, e sobre todo do BNG (pois eles eran os que estaban a facer o cambio en Galicia) foi bestial.

6. O PP fixo unha campaña dura e moi sucia tamén, algo que terán que pensar os outros porque isto xa ven desde hai anos cos gobernos municipais.

7. O mellor candidato que ten o BNG, ao meu entender, é Bieito Lobeira. Mais ten varios handicaps: Non ten unha titulitis universitaria e é unha persoa moi directa, non se anda con remilgos. Claramente é unha persoa denostada fóra do BNG porque é un dos motores principais do BNG, mais dentro tamén debido principalmente á campaña de acoso dos medios de comunicación da que algúns militantes do BNG crén.

8. O nacionalismo galego debe facer autocrítica mais non debe flaxelarse, pois houbo moitos aspectos positivos na acción de goberno. Se cadra, debería estudar en facer campañas máis agresivas contra o PP e por que non contra o PSOE. E digo contra o PSOE porque non creo que nin sexa de esquerdas nen sexa galeguista, temos 30 anos de democracia que así o testemuñan.

Grazas

Comment from breogain
Date: 25 Marzo 2009, 13:21

foi o ocaso dun presidente sen carisma… Touriño era un ser anodino e o BNG pagou moi caro se-lo seu compañeiro de viaxe, concordo có dito aqui en que o Bloque foi o motor deste bipartito, agora o malo é que Feijoo vai desfacer sen miramentos moito do feito por eles.

Un saúdo