Milleiro http://milleiro.blogaliza.org Web e redes sociais Dom, 18 Out 2009 21:14:43 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7 Achegando posturas http://milleiro.blogaliza.org/2009/10/18/achegando-posturas/ Sun, 18 Oct 2009 21:14:41 +0000 http://milleiro.blogaliza.org/?p=176 Pareceume fantástico ver a xente como Caamaño, Bugallo, Pachi López e demais na manifestación de “Queremos galego”.

O outro día unha persoa a través de Twitter díxome algo do tipo “aínda non aprenderon erros do bipartito, BNG e PSOE seguen indo por separado”, e penso que a imaxe dada na manifestación non vai moito con esa idea.

Ogallá sexa o primeiro dos pasos dados cara a achegar posturas, polo ben de todos, polo ben común, noso como pobo e do galego como lingua. Parabéns.

]]>
¿ata cando? http://milleiro.blogaliza.org/2009/09/12/%c2%bfata-cando/ Sat, 12 Sep 2009 11:51:53 +0000 http://milleiro.blogaliza.org/?p=174 2 xuño 2009La Asociación Galega de Editores denuncia la ruptura del convenio con la Diputación de Pontevedra “sin explicación”

12 setembro 2009GB acolle a ‘expertos’ que tratan o galego como unha lingua menor (nun acto pagado pola Deputación de Pontevedra)

]]>
Nova web do BNG de Marín http://milleiro.blogaliza.org/2009/09/12/nova-web-do-bng-de-marin/ http://milleiro.blogaliza.org/2009/09/12/nova-web-do-bng-de-marin/#comments Sat, 12 Sep 2009 09:34:33 +0000 http://milleiro.blogaliza.org/?p=172 bngmarin.jpg

O BNG en Marín estrea nova web, marca da casa. Tiven a sorte de ter un bo trato e bastante liberdade de asesoramento para facela, polo que todo foi bastante doado.

Está feito en WordPress a xeito de blogue, mais agardo que só sexa un primeiro paso: nestes últimos meses estáse a consolidar un grupo de persoas dentro do partido con ganas de botar adiante unha maior implicación nas campañas das redes sociais, mais ben feito.

Campañas políticas como a pasada de Obama nos Estados Unidos son un exemplo para calqueira mínimamente interesado no marketing político e na implicación que as redes sociais poden ter na vida da xente.

E simplemente, é o futuro e punto: o BNG precisa dun corpo de xente activa no Internet, disposta a facer activisimo e batalla de ideas na rede, porque hai erros que non poden voltar a repetirse como no pasado. Ogallá sexa un primeiro paso, xa irei contando.

]]>
http://milleiro.blogaliza.org/2009/09/12/nova-web-do-bng-de-marin/feed/ 1
O Día da Patria de Guillerme http://milleiro.blogaliza.org/2009/07/25/o-dia-da-patria-de-guillerme/ http://milleiro.blogaliza.org/2009/07/25/o-dia-da-patria-de-guillerme/#comments Fri, 24 Jul 2009 22:03:39 +0000 http://milleiro.blogaliza.org/?p=165

Hoxe Castelao estaría combatendo coa firmeza que o caracterizaba as políticas do unilingüismo castelán que practica o señor Feijóo porque esas políticas si que perseguen a imposición, a imposición do castelán sobre o galego!

Antes de nada, parabéns a tódolos galegos e galegas neste 25 de Xullo de 2009. Eu estiven o ano pasado na manifestación e na “Chuzarrascada” mais este ano por cuestións varias e cuestións laborais non podo subir, será o primeiro verán que eu pase en Salamanca.

Pero tiña bastante curiosidade en estar en Compostela este ano, no discurso do BNG para ollar que tal se desenvolve Guillerme Vázquez nesta. Todo apunta a que o movemento a prol do nacionalismo galego e da lingua semella resurxir, algo obvio despois das accións tomadas pola Xunta, e non debería facer falla moita dialéctica para “recargar” as baterías dos que vaian aló, veremos que tal o fai Guillerme Vázquez.

Hoxe na ofrenda ao Panteón de Galegos Ilustres Guillerme declarou: “En vez de traerlle flores a Castelao, debería levarllas a Franco ou José Antonio“. A primeira na fronte.

]]>
http://milleiro.blogaliza.org/2009/07/25/o-dia-da-patria-de-guillerme/feed/ 1
Carta aberta a Alberto Núñez Feijóo http://milleiro.blogaliza.org/2009/07/09/carta-aberta-a-alberto-nunez-feijoo/ http://milleiro.blogaliza.org/2009/07/09/carta-aberta-a-alberto-nunez-feijoo/#comments Thu, 09 Jul 2009 20:05:55 +0000 http://milleiro.blogaliza.org/?p=163 (versión en castelán aquí)

Estimado presidente:

Escríbote esta pequena entrada tralo meu estupor ao ler que a nova Xunta de Galicia ameaza con desmantelar todo o proxecto de Mancomún, o repositorio e lugar oficioso do Software Libre en Galicia. No meu caso, xunto a outras dúas persoas creamos GalizaID, o primeiro servidor de OpenID galego que a día de hoxe segue empregándose bastante, o que é motivo de orgullo para nós.

O noso proxecto pese a todo, é dos máis pequenos existentes en Mancomún: existen sistemas operativos como Galinux e tamén traduccións ao galego de productos como Open Office e Firefox. Vostedes no seu programa electoral prometeron darlle un pulo ó software libre, polo que estránanme este tipo de novas, ¿son realmente certas?

Proxectos como Mancomún son os piares da innovación en Galicia, ofrecendo a xente xove coma nós, a posibilidade de librarnos de dores de cabeza (e de bolsillo) como o aloxamento dos nosos proxectos en internet.

De todólos xeitos, como vostedes déronlle tanta importancia na campaña electoral ao prezo dos coches e mailos gastos da Xunta, propóñolle unha solución: os 120.000 euros que a Xunta de Galicia gasta ao ano nun coche que Manuel Fraga usa en Madrid e que vostedes elexiron continuar pagando destíneo a este tipo de proxectos, de seguro que será máis rentable.

Sen máis, despídese de vostede un humilde cidadán, agardo que teña en conta os nosos pontos de vista no futuro.

]]>
http://milleiro.blogaliza.org/2009/07/09/carta-aberta-a-alberto-nunez-feijoo/feed/ 2
A TVG retira o programa de SuperPiñeiro da grella http://milleiro.blogaliza.org/2009/07/08/a-tvg-retira-o-programa-de-superpineiro-da-grella/ Wed, 08 Jul 2009 17:18:18 +0000 http://milleiro.blogaliza.org/?p=161

Cecais moitos dos meus lectores lembren este vídeo, foi famoso fai uns meses e como ven, é unha intervención da señora Gloria Lago, portavoz da asociación Galicia Bilingüe no programa de SuperPiñeiro na TVG. Curiosamente, ese programa, xunto a series como Padre Casares foron as que auparon á TVG a unha subida de audiencia considerábel.

E hoxe en Chuza! atopo a seguinte nova: A TVG bota a Superpiñeiro da grella. En fin, unha máis pensarán moitos, desta nova anovación da TVG, ese back to the roots na canle, voltar a programar series como Magnum e non deixar á xente que conseguiu unha canle pública da que poder presumir fora do noso territorio.

En fin, non queda outra, obviamente o actual goberno de Núñez Feijoo foi democráticamente elexido polo pobo galego, non o esquezamos…e por tanto, temos o que merecemos. Porén, so queda seguir loitando, coas ideas e con verbas, para contrarrestar estas mentiras. O galego ben o merece.

]]>
Fanny + Alexander – Alfaias http://milleiro.blogaliza.org/2009/06/07/fanny-alexander-alfaias/ http://milleiro.blogaliza.org/2009/06/07/fanny-alexander-alfaias/#comments Sun, 07 Jun 2009 09:44:11 +0000 http://milleiro.blogaliza.org/?p=157
Hai unha serie de discos que penso marcan etapas novas na historia da música: os Beatles racharon tódolos límites co A Hard Day’s Night, U2 fixeron historia co The Joshua Tree, Xenreira marcaron unha nova etapa con aquel Erguete!!! e teño a sensación de que o novo de Fanny+Alexander vai marcar unha etapa.

De veras, eu noto un salto cualitativo brutal con respecto ao anterior álbum, e noto todo isto porque eu teño que recoñecer que non son ouvinte frecuente de música en galego (eu que sei, este mes p.ex estou escoitando moito o novo de Wilco, o de The Sunday Drivers e cousas así) e o novo de Fanny+Alexander xa leva unha tempada nos máis escoitados no meu reproductor.

Encántame o hit que é Setecentos, a colaboración de Florent (Los Planetas) en Tardes de Domingo, ou a miña favorita: Artefacto Burbur.

Falaba deste tema o outro día cun amigo: só queda que o novo disco de The Homens sexa outro petardazo e cecais aos poucos estemos confirmando esta nova corrente de música moderna en galego, rachando ese tópico de “en galego só se fai música combativa,ska e punk”.

Parabéns, de veras.

]]>
http://milleiro.blogaliza.org/2009/06/07/fanny-alexander-alfaias/feed/ 1
Sobre a capitalidade de Pontevedra http://milleiro.blogaliza.org/2009/06/07/sobre-a-capitalidade-de-pontevedra/ Sun, 07 Jun 2009 09:33:32 +0000 http://milleiro.blogaliza.org/?p=155 Moito vense comentando e falando, resurxindo vellas historias, o tema da capitalidade de Pontevedra, ao respecto da decisión de Núñez Feijoo de levar cousas da Xunta para Vigo.

Dende o punto de vista dun vigués destaco a entrada que escribiu Ghanito fai uns días e que respeto, el ten os seus argumentos e eu os meus.

Non teño moito que dicir sobre este tema, mais si destacaría un fragmento da entrevista que lle fan a Miguel Anxo Fernández Lores hoxe en El País:

Pregunta. ¿Por qué se ha puesto Pontevedra en pie de guerra con la designación de un quinto superdelegado en Vigo?

Respuesta. Es un agravio comparativo, es partir de que en Galicia ya no hay cuatro provincias sino cinco, y no tendría ningún problema en debatir esa cuestión porque no somos partidarios de la división provincial. Desde el punto de vista municipal, es una agresión sin precedentes, no tiene nada que ver con acercar la Administración al ciudadano. No tenemos inconveniente en que haya un subdelegado en Vigo pero si no se modifica el decreto, en la práctica, es dividir la provincia. Pontevedra es una ciudad orgullosa de sí misma, es la que más está creciendo en población en los últimos 10 años.

O dito, eu comparto en gran medida a opinión do meu alcalde. E eu agardo estar na manifestación do día 19 en Pontevedra. É a miña cidade.

]]>
Hai que telos cadrados http://milleiro.blogaliza.org/2009/05/17/hai-que-telos-cadrados/ http://milleiro.blogaliza.org/2009/05/17/hai-que-telos-cadrados/#comments Sun, 17 May 2009 09:40:59 +0000 http://milleiro.blogaliza.org/?p=153 Para escribir en La Voz de Galicia un artigo chamado Stop Castrapo. Alá cada cal coa súa conciencia…en fin. Feliz Día das Letras Galegas aos meus lectores, outro 17 de Maio máis dende Salamanca. Prometo ser máis constante con este blogue en galego, que anda algo esquecido…

]]>
http://milleiro.blogaliza.org/2009/05/17/hai-que-telos-cadrados/feed/ 1
Volve o PP a Galiza http://milleiro.blogaliza.org/2009/03/02/volve-o-pp-a-galiza/ http://milleiro.blogaliza.org/2009/03/02/volve-o-pp-a-galiza/#comments Mon, 02 Mar 2009 19:01:37 +0000 http://milleiro.blogaliza.org/?p=151 expresidentetourino

Hoxe é luns, luns 2 de marzo, e na Galiza temos novo presidente de Goberno, Alberte Núñez Feijoo, gañador das eleccións contra todo prognóstico.

A campaña electoral estivo tan centrada en botar lixo enriba do bipartito que sinceramente eu e creo media Galiza non sabe moi ben do programa electoral de Feijoo, aínda que xa comecei a ler algunhas cousas en Chuza! como que pretende derogar o plano eólico e potenciar o gas por Reganosa en Ferrol, ben imos.

Polo que me interesa, é dicir: o plano tecnolóxico, pois tendo en conta que as Consellerías do PSOE chegaron a acordos con Microsoft tampouco haberá moita diferenza. Haberá que ver o cambio coas Consellerías do BNG, que potenciaban e subvencionaban software ceibe, iniciativas como ManComún na que estaban integrados proxectos como GalizaID no que eu mesmo participo.

Así que agora mesmo a sensación é de sorpresa, ou ao menos de relativa sorpresa. Certos sectores do BNG como Encontro Irmandiño onde participa Xosé Manuel Beiras avisaron fai xa tempo que a cidadanía non estaba percibindo cambio, e eiquí temos as consecuencias.

Baixo meu punto de vista persoal e intransferible, deberían rodar unhas cantas cabezas. No PSOE xa se foi Touriño e tendo en conta o pouco sentido común de ese partido farán o peor: poñer a Pepiño Blanco de candidato en 2013. Respecto ao BNG penso que a tarefa de atopar un líder se finalmente Quintana dimite será máis difícil: hoxe xa ouvín nomes como Aymerich, Bieito Lobeira (a priori meu favorito) ou incluso Suárez Canal. Quedan cuatro años moi interesantes.

(a imaxe do artigo está collida de Apocalipse do Porco)

]]>
http://milleiro.blogaliza.org/2009/03/02/volve-o-pp-a-galiza/feed/ 5