Category: en galego

Achegando posturas

18 Outubro, 2009 (23:14) | en galego |

Pareceume fantástico ver a xente como Caamaño, Bugallo, Pachi López e demais na manifestación de “Queremos galego”. O outro día unha persoa a través de Twitter díxome algo do tipo “aínda non aprenderon erros do bipartito, BNG e PSOE seguen indo por separado”, e penso que a imaxe dada na manifestación non vai moito con […]

¿ata cando?

12 Setembro, 2009 (13:51) | en galego, ser país |

2 xuño 2009 – La Asociación Galega de Editores denuncia la ruptura del convenio con la Diputación de Pontevedra “sin explicación” 12 setembro 2009 – GB acolle a ‘expertos’ que tratan o galego como unha lingua menor (nun acto pagado pola Deputación de Pontevedra)

Carta aberta a Alberto Núñez Feijóo

9 Xullo, 2009 (21:05) | en galego, política, ser país, Web 2.0 | 2 comments

(versión en castelán aquí) Estimado presidente: Escríbote esta pequena entrada tralo meu estupor ao ler que a nova Xunta de Galicia ameaza con desmantelar todo o proxecto de Mancomún, o repositorio e lugar oficioso do Software Libre en Galicia. No meu caso, xunto a outras dúas persoas creamos GalizaID, o primeiro servidor de OpenID galego […]

Fanny + Alexander – Alfaias

7 Xuño, 2009 (10:44) | en galego, música | 1 comment

Hai unha serie de discos que penso marcan etapas novas na historia da música: os Beatles racharon tódolos límites co A Hard Day’s Night, U2 fixeron historia co The Joshua Tree, Xenreira marcaron unha nova etapa con aquel Erguete!!! e teño a sensación de que o novo de Fanny+Alexander vai marcar unha etapa. De veras, […]

Noite de Samaín

31 Outubro, 2008 (16:55) | cousas miñas, en galego, ser país | 3 comments

Publicou hoxe Breo en A Ponte Vella un xenial artigo sobre o Samaín, unha tradición celta que os Irlandeses exportaron a Estados Unidos e posteriormente se desfigurou e se convertiu no que hoxe se coñece como Halloween. Coa festa do Samaín os celtas druidas conmemoraban o fin de ano, pois para eles no seu ano […]

Temos novo hino

22 Outubro, 2008 (11:04) | en galego, ser país | 2 comments

Tremendo, tremendo. Máis información.

Mensaxes ocultas no Xabarín Clube

17 Outubro, 2008 (01:44) | en galego, humor | 1 comment

Visto en alema, un blogue do que cada día gosto máis e máis…

Diferenzas

15 Outubro, 2008 (19:33) | en galego, redes sociais, Web 2.0 | 4 comments

Hoxe vou ter que ensinar un pequeno matiz: Betatestear é enviar erros ou consellos por privado aos desenroladores dun servizo (hoxe de feito recibimos varios correos interesantes, que daban esa cousa estrana chamada crítica constructiva). Betatestear non é facer o paiaso o día de saída en público dun servizo despois de dous meses cunha conta […]

Nace GalizaID

15 Outubro, 2008 (12:05) | cousas miñas, en galego, redes sociais, tecnoloxía, Web 2.0 |

En fin, ao fin, nace GalizaID, un parto difícil, mais parto exitoso polo dagora. Por se non te enteraches ainda de que ando a falar, tes máis información nas FAQ de GalizaID. Foi un parto difícil, pois levamos meses no proxecto, lembro un 25 de Xullo chuvioso falando baixo unha carpa da cousa co Fran […]

Problemas da rede en galego : traducións

22 Setembro, 2008 (13:05) | en galego, redes sociais, Web 2.0 | 5 comments

Ando dun tempo a esta parte cavilando sobre o tema de ter servicios da web 2.0, crealos ou que sexa, en galego. Longa teima a que temos os galegos dende fai moitísimo tempo con Google para que teña os seus servizos no noso idioma e aí seguen desprezándonos. O que digo é, que penso que […]