Achegando posturas

18 Outubro, 2009 (23:14) | en galego

Pareceume fantástico ver a xente como Caamaño, Bugallo, Pachi López e demais na manifestación de “Queremos galego”.

O outro día unha persoa a través de Twitter díxome algo do tipo “aínda non aprenderon erros do bipartito, BNG e PSOE seguen indo por separado”, e penso que a imaxe dada na manifestación non vai moito con esa idea.

Ogallá sexa o primeiro dos pasos dados cara a achegar posturas, polo ben de todos, polo ben común, noso como pobo e do galego como lingua. Parabéns.