Nova web do BNG de Marín

12 Setembro, 2009 (11:34) | bng

bngmarin.jpg

O BNG en Marín estrea nova web, marca da casa. Tiven a sorte de ter un bo trato e bastante liberdade de asesoramento para facela, polo que todo foi bastante doado.

Está feito en WordPress a xeito de blogue, mais agardo que só sexa un primeiro paso: nestes últimos meses estáse a consolidar un grupo de persoas dentro do partido con ganas de botar adiante unha maior implicación nas campañas das redes sociais, mais ben feito.

Campañas políticas como a pasada de Obama nos Estados Unidos son un exemplo para calqueira mínimamente interesado no marketing político e na implicación que as redes sociais poden ter na vida da xente.

E simplemente, é o futuro e punto: o BNG precisa dun corpo de xente activa no Internet, disposta a facer activisimo e batalla de ideas na rede, porque hai erros que non poden voltar a repetirse como no pasado. Ogallá sexa un primeiro paso, xa irei contando.

Comentarios

Comment from Victor
Date: 3 Marzo 2010, 15:18

Unha forte aperta,a tod@s @s compañeir@s,què pensamos nun B.N.G.,moderno,actualizado,sempre coa nosa identidade por diante,co noso pensamento por bandeira.Un B.N.G.,aberto as ideas,as opinions,a crìtica construtiva,o apoio,das campañas,en prol da lingua galega,o referente da nosa identidade coma galegos,da nosa historia.
Un B.N.G.,què se achegue os cidadans,què comparta con eles,os problemas,e necesidades do seu concello,què se preocupe,do benestar dos propios veciños,què sexa un mais.
En definitiva unha fortìsima aperta nacionalista,para os què creemos què somos,a ùnica,e verdadeira opciòn polìtica,para o noso paìs,para os nosos.
Saùdos.