O Día da Patria de Guillerme

25 Xullo, 2009 (00:03) | política

Hoxe Castelao estaría combatendo coa firmeza que o caracterizaba as políticas do unilingüismo castelán que practica o señor Feijóo porque esas políticas si que perseguen a imposición, a imposición do castelán sobre o galego!

Antes de nada, parabéns a tódolos galegos e galegas neste 25 de Xullo de 2009. Eu estiven o ano pasado na manifestación e na “Chuzarrascada” mais este ano por cuestións varias e cuestións laborais non podo subir, será o primeiro verán que eu pase en Salamanca.

Pero tiña bastante curiosidade en estar en Compostela este ano, no discurso do BNG para ollar que tal se desenvolve Guillerme Vázquez nesta. Todo apunta a que o movemento a prol do nacionalismo galego e da lingua semella resurxir, algo obvio despois das accións tomadas pola Xunta, e non debería facer falla moita dialéctica para “recargar” as baterías dos que vaian aló, veremos que tal o fai Guillerme Vázquez.

Hoxe na ofrenda ao Panteón de Galegos Ilustres Guillerme declarou: “En vez de traerlle flores a Castelao, debería levarllas a Franco ou José Antonio“. A primeira na fronte.

Comentarios

Comment from An
Date: 25 Xullo 2009, 15:20

zas, en toda a cara XD é que todas as cousas que fagan neste día a prol de Galiza, non che e máis que demagoxia de cara a pantalla, por que despois o unico que fan e fundir a nosa terra. Saúdos e apertas