Consellos de David Sifry para emprendedores
Fai hoxe case un ano tiven a oportunidade de escoitar a David Sifry nunha conferencia en Madrid. Para quen non o coñeza, David Sifry é un emprendedor americano, coñecido por ser o CEO de Technorati, o primeiro buscador creado específicamente para os blogues. Tamén creou LinuxCare, co que recoñeceu pasar de 3 persoas a 480 nun ano e medio. Agora está a traballar nun novo proxecto, as OffBeat Guides.
En fin, ao que vou. Á conferencia fun cun amigo meu (Jose del Corral, agora maquetador en The Cocktail) e certamente ao final os dous recoñecimos quedar abraiados polo seu carisma e pola súa sinxeleza ao falar dos seus proxectos.
Na conferencia deu un par de puntos baseados na súa experiencia como emprendedor que gostaría de compartir con todos vós aínda que xa pasase moito tempo daquilo, pois seguen a valer bastante para calqueira. Dende aquela tento poñelos en práctica nos meus pequenos proxectos como GalizaID. Velaí van:
- Se estás pensando en canta xente precisas para comezar un proxecto, estos non deben ser máis que a xente que precisas para xantar unha pizza, eu chámolle Pizza Team.
- Moitos proxectos comezan con moita inversión detrás, e iso non é bo, pois sen cartos foméntase a creatividade, con eles non existe.
- Escoita en HTTP, fala en XML.
- Nos teus equipos, pon aos nerds arriba, e lembra que sexan equipos pequenos, os Pizza Team.
- Constrúe o teu proxecto rápido, non te preocupes ao comezo en optimizalo, xa terás tempo.
- Nós escribimos shitty software contra os que fan crystaline purity.
- Ten coidado co da web 2.0 e o marketing fluff. El falou de novos servizos web do tipo Oh, un novo servizo de myspace, pero para hamsters!
- Fai que os teus usuarios sexan os propios evanxelistas do teu servizo.
- Publicado por J.Andrés Milleiro ás 12:50
- Permalink de esta entrada
- Gardado en: Web 2.0, empresas
- Comentarios RSS desta entrada
- TrackBack URI


Sen comentarios
Publicar comentario