Milleiro / 33 entradas / categorias / 64 comentarios / feed / comentarios feed
Fai clic para votarme nos Premios 20Blogs! Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

España se rompe

Pode chegar vostede a imaxinar un pacto entre Feijóo e Quintana?

De Valencia saíu un partido que está disposto a falar con todo o mundo sempre que respecte as regras da democracia... Só excluímos os terroristas de ETA e os seus apoios políticos. Podemos falar con todo o mundo e despois chegar ou non a acordos. Pero non esquezamos que en Galicia o BNG e o PSdeG teñen un pacto moi pechado. Nós estamos dispostos a falar (co BNG), sobre todo se somos primeira forza política, que imos ser.

Mariano Rajoy, nunha entrevista publicada hoxe. Certamente, España se rompe.

Chuzame! chúzame -

4 Comentarios

  1. breogain — 16 agosto 2008 #

    Iso teño que velo no seu dia, non me creo eu que o Partido Popular chegue a sentarse a falar seriamente cós nacionalistas galegos, como moito farán o paripé e a foto.

  2. Estevo das Estrivadas — 16 agosto 2008 #

    Isto confirma o que dixen sempre dos partidos estatais, todo lles vale para chegar ao poder.

    Como votante do BNG non teño nengun problema con pactar co PP, pois considero que o PSOE é tan de dereitas e españolista coma eles. Ademais, estou convencido que por chegar ao poder estarían despostos a facer moitas concecións ao BNG, incluidas moitas cousas sobre a lingua galega.

    As linguas só o usa o PP para manter un discurso diferente ao PSOE, porque no aspecto social e económico son iguais. E cando chegan ao poder fan o mesmo, se cadra o PP sexa menos hipócrita.

    Xa se sabe: ETA: Movimento de Liberación Nacional, eu falo catalán na intimidade e todo iso.

  3. Xabier Pérez Igrexas — 18 agosto 2008 #

    O tema das alianzas, dos pactos electorais é complexo. Ou sempre hai certo interese por complexizalo con cargas metafisicas.

    Vaiamos ao esencial, ao substancial, ao básico: o requisito sine qua non para poder artellar un pacto de governo entre dúas forzas políticas, non ten que ver tanto co cerne ideolóxico de cada unha das partes, senón coas proposicións programáticas, que son o plantexamento concretizado do primeiro.

    ¿O PP está disposto a dotar a Galiza dun estatuto que afonde no autogoverno e que parta en primeira instancia do recoñecemento político de Galiza como nación?

    ¿Está disposto a desenvolver unha política económica autocentrada?

    ¿Está disposto a defender unha facenda galega?

    Son só preguntas ao azar. Non é retórica. A resposta a esas e outras preguntas, relevantes, arredor das condicións sociais do noso povo, da nosa cultura, ou do noso meio material, son as que fan inviábel de partida calquer pacto de governo.

    Porque pactase para governar, non para ficar no governo.

  4. Xabier Pérez Igrexas — 18 agosto 2008 #

    ao fío do comentario anterior, acabo de actualizar o meu blogue cunha entrada sobre este tema.

    http://www.contradiscurso.net

Publicar comentario