Milleiro / 33 entradas / categorias / 64 comentarios / feed / comentarios feed
Fai clic para votarme nos Premios 20Blogs! Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

De datas, aves, paros e prazos

Hoxe erguémonos de comezo de semana cunha bastante boa data polo dagora: o paro na Galiza baixa un 2,22% (nova en Vieiros e GZNación), que tal como están as cousas é para dar cun canto nos dentes. Aínda non falaron dende a Consellería de Economía, mais cómpre ler a interesante entrevista esta semana (nun non menos interesante número, cun agasallo precioso) en A Nosa Terra ao propio Conselleiro.

E falando de economía, outra penso que moi boa nova: R vai seguir en mans galegas. Despois do suceso Gas Natural-Fenosa todas as miradas estaban no operador galego, que por sorte vai ser mercado por Caixanova co visto bo da Xunta. Pois menos mal, porque debe ser do pouco que nos queda despois de Fenosa (cómpre ler o artigo ao respecto en si home si).

E do pouco que nos queda ao que vai vir: o famoso AVE. En La Voz de Galicia esta pasada fin de semana Xosé Carlos Fernández voltaba insistir que, tal como van as cousas, o tren non vai chegar ata o 2016. Falan de ese tema en La Voz de Galicia e en El País. Namentras, e en etapas preelectorais, o Presidente Touriño segue enchendo a boca falando de acordos con Madrid para ter o AVE en 2012, ou ao menos o segue confirmando, veremos se o segue dicindo despois das eleccións. Que todos sabemos como funciona o PSOE galego, de prometer e logo calar. Pois iso.

Chuzame! chúzame -

Sen comentarios

Publicar comentario