O futuro é OpenID

O futuro é, e debe ser OpenID. Para aquelas persoas ás que lle soe a chinés o termo pode botar unha ollada á súa definición na Wikipedia, mais básicamente ven a ser un sistema de identificación dixital descentralizado.
Maxina por un intre tódolos servizos web que utilizas: o correo electrónico, tal ou cal foro, twitter, etc… Pensa por un intre en tódalas combinacións de usuario:contrasinal que usas, e pensa por un intre que cunha soa poderías entrar a todas. ¿Moito máis cómodo, nonsi? Pois iso ven a ser, a grandes rasgos OpenID.
Se non tes conta non te preocupes, podes ir a servicios como MiID.es. Unha conta OpenID cada vez a podes usar en máis sitios, como tódolos blogues de WeblogsSL ou Dopplr, e estou seguro de que cada vez máis e máis.