Milleiro / 54 entradas / categorías / 91 comentarios / feed / comentarios feed
Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

O fenómeno Tuenti

Tuenti logo

Un que leva xa uns anos na rede (dende un pouco antes da etapa de Infovía, os diskettes grandes, a chegada do 386, os módems de 56k e demais) cre que non lembra un fenómeno igual na rede en castelán, ata o punto de ser calificado o Facebook castelán.

Tuenti funciona a través de invitacións, así que se queres unha non tes máis que pedirma nos comentarios. Por certo, veñen de sacar fai nada versión para móbiles.

¿Que é Tuenti?

Tuenti é unha rede social. Só se pode entrar mediante invitación de outro usuario e alí se dispón espazo para subir fotos e etiquetar a amigos nelas, crear eventos e invitar a xente, compartir vídeos do Youtube, etc...

¿Por que falas de que Tuenti triunfa?

Porque por exemplo, teñen 2.000 millóns de páxinas vistas ao mes, dito polo seu creador e asegurado polo Enrique Dans cando estuvo nas súas oficinas en Madrid. Facendo un cálculo rápido pode non ser tanta barbaridade, tendo en conta o uso de Internet que fan os adolescentes e a actividade brutal que moitos deles teñen no Tuenti.

Outro factor polo que penso que esta rede triunfa é polo factor de exclusividade. Pese a que xa non sexa moi exclusivo, se o teu servizo ofrece invitacións a xente peléxase por elas, aínda que non sepan moi ben de que vai o teu servizo, pasou exactamente o mesmo co Gmail.

¿Que tipo de xente anda alí?

Hai algo que me resulta abraiante de esa rede e é a capacidade que tivo de captar persoas 1.0. Con esa peculiar etiqueta englobo a xente que como moito ten unha dirección de correo e un messenger, xente que non ten conta noutras redes sociais nen tampouco blogue, polo que non é un usuario habitual destas cousas e nembargantes alí xera unha grande actividade, polo que ese é seu gran nicho de usuarios.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

7 comentarios

  1. Chispa — 26 abril 2008 #

    Ola André,

    Parabens por este novo proxecto electrónico. Imparábel o teu traballo. Apartas desde Galiza (nación europea).

    Chispa

  2. Andrés Milleiro — 26 abril 2008 #

    Graciñas Chispa, agardo poder crear no Blogomillo un oco onde poder falar en galego de redes sociais e todos eses novos movementos…

    Unha aperta forte ;)

  3. xabre — 26 abril 2008 #

    Bo resumo, Andrés, e xa que estamos, poderíasme mandar unha invitación para Tuenti? Hai que participar, aínda que só sexa para ter unha opinión :)

    Obrigado,

    xabre.gz arroba gmail punto com

  4. Andrés Milleiro — 26 abril 2008 #

    Óla Xabre, invitación enviada ;)

  5. breogain — 26 abril 2008 #

    A túa carreira é imparabel amigo, noraboa por este novo proxecto e a seguir currando moito, chegarás lonxe….

    saúdos dende Pontevedra !! :)

  6. Andrés Milleiro — 26 abril 2008 #

    Óla Breo,
    Graciñas, ogallá chegue lonxe, pero prefiro ir pasiño a pasiño, unha aperta ;)

  7. Diana Segura — 3 maio 2008 #

    Y…bueno….solicitandole una invitación a Tuenti….que espero sea posible me regale….y bueno de no ser así….igual agradezco su fina atención, éstoy conciente que no es fácil pertenecer a Tuenti sólo que realmente me gustaría.

    Gracias…Diana

Publicar comentario